Primeiro comimos 3 pizzas da Pedra (como vedes nas fotos).
Despois falamos do Libro Vapor de Lea Tobery (Pere Tobaruela). Carlos Negro explicou varias das razóns polas que puideron levar ao autor a escribir detrás dun heterónimo.
Estes son algúns dos comentarios feitos sobre Vapor:
Laura Fabeiro: "Damon é parvo. Aínda que imaxínoo guapo"..
Paola: "O título confundiume a temática..."
Aldara: "O que máis me gustou foi o libreiro Rutherford. Cando se enfrentou a Damon".
Adalia: "Gustoume moito Helena como secundaria".
María: "A min non me apuntes, eh!"
Carlos: "Temos que afacernos a falar sen xogar coas cousas".
Xulia: "Non me gustou nada".
Laura Fabeiro: "Se é imaxinario, seguro que é guapo (por Damon)"
Despois falamos do seguinte libro que vamos ler: Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas. Para ambientarnos vimos a curtametraxe de Tim Burton Vincent. Realmente xenial.