martes, 12 de maio de 2015

Escarlatina. Unha cociñeira moi especial...

Escarlatina, a cociñeira defunta foi o libro que máis gustou de todos os que lemos no club de lectura deste ano.

Uxía comezou a sesión resumindo o máis importante: "Román, un neno de 10 anos que mora nunha familia de clase media-baixa quere ser cociñeiro. Recibe no seu aniversario un presente moi especial: A Escarlatina, unha nena cociñeira que ten unha característica moi peculiar: é unha nena defunta. Comezarán unha viaxe ao Inframundo que os levará a preparar un prato de comida que guste tanto a vivos como a mortos. E iso que o menu dos mortos ven sendo algo así: "Piruleta de lombriga enroscada en espiral con sangue caramelizado" ou "Filete de cu de avestruz empanado con crocante de cascuda e regado con mexo de burra"



Aquí tendes algúns dos comentarios máis representativos sobre o libro:

Antón: "Comeza dun xeito máis ou menos normal, mais acaba sendo un auténtico disparate. Encantoume".

María: "O encontro co avó foi o máis emocionante".
Adalía: "A vida que levaba o avó no Inframundo era bestial. Vivía ao límite... Claro, xa non podía morrer de novo".

Aínda que a outros o que máis lles gustou foi que Escarlatina decidise encontrarse cos seus pais despois de 2 séculos sen eles en lugar de voltar para o mundo dos vivos con Román.

Mais en xeral, o que máis gustou foi que a autora, Ledicia Costas, soubo conxugar perfectamente o sentido do humor e a tenrura, dentro dun ambiente tétrico. Conseguindo unha atmosfera tenebrosa e lúgubre apta para todos os públicos incluso con momentos altamente macabros: Cando os amanitos coseron os seus labios con agulla e fío.

Esa visión divertida do mundo dos mortos que podemos encontrar en Tim Burton "La novia cadáver" en youtube.  Ou en Castelao "Un ollo de vidro" en Youtube.


Ao final da sesión falamos da saída programada por Santiago de Compostela.

luns, 2 de marzo de 2015

Nova reunión o 2 de Febreiro

Pois aquí tendes as fotos e o novo material respecto da reunión de MoondoDodro.

Primeiro comimos 3 pizzas da Pedra (como vedes nas fotos).




Despois falamos do Libro Vapor de Lea Tobery (Pere Tobaruela). Carlos Negro explicou varias das razóns polas que puideron levar ao autor a escribir detrás dun heterónimo.

Estes son algúns dos comentarios feitos sobre Vapor:

Laura Fabeiro: "Damon é parvo. Aínda que imaxínoo guapo"..
Paola: "O título confundiume a temática..."
Aldara: "O que máis me gustou foi o libreiro Rutherford. Cando se enfrentou a Damon".
Adalia: "Gustoume moito Helena como secundaria".
María: "A min non me apuntes, eh!"
Carlos: "Temos que afacernos a falar sen xogar coas cousas".
Xulia: "Non me gustou nada".
Laura Fabeiro: "Se é imaxinario, seguro que é guapo (por Damon)"


Despois falamos do seguinte libro que vamos ler:  Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas. Para ambientarnos vimos a curtametraxe de Tim Burton Vincent. Realmente xenial.



venres, 23 de xaneiro de 2015

A primeira xuntanza... A punta de pistola
de Fran Alonso

Despois do xantar na biblioteca, comezamos a falar do libro, que en xeral gustou moito. Sobre todo a historia do Varas e Rica. Sendo a personaxe do fillo destes a preferida polos alumnos.


Carlos Negro salientou tamén a historia da camioneira e de Celia Rivas. O xeito experto de Fran Alonso de dar fiado esta historia repousada no medio da frenética fuxida do Varas e de Rica e facelas coincidir no final.


Un final que deixou un regusto ambiguo nos alumnos. 

O próximo libro a ler será: Vapor de Lea Tobery (Heterónimo de Pere Tobaruela)